28 sept 2011

RAIANAS o novo álbum de MALVELA, o 25 de outubro á venda

Raianas é o título do novo disco de Malvela, o cuarto. Gravado en directo no Multiusos de Mos en maio de 2011, agora sae publicado polo selo Fol Música.
Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular.
En Raianas contan con vondidad@s de luxo: Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.
Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soarán temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo,  como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez será gravada en disco. O álbum centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario