13 jun 2011

Talabarte, a piques de presentar o novo disco

Son tres músicos galegos.
Por separado, cada un deles é ben coñecido nos seus proxectos musicais: Marful, Berrogüetto, Susana Seivane...
Por xunto, Pedro Pascual, Quim Farinha e Kin García, conforman Talabarte.
O seu primeiro traballo discográfico como Talabarte sae á luz neste mes de xuño. Un disco moi querido e mimado polos componentes do grupo, e moi esperado polos seus seguidores e seguidoras.
Pois aquí está, Talabarte, un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario