13 feb 2012

TALABARTE NO CIRCUITO GIRANDO POR SALAS

O circuito GIRANDO POR SALAS é unha iniciativa impulsada polo Instituto de Artes Escénicas y de la Música (INAEM) en coordinación coa Federación Coordinadora do Circuito de Músicas Populares, elexiu a 60 artistas (de entre cerca de 900) para formar parte desta edición 2011-2012, entre os cales se encontra Talabarte.
A xira levará ao trio formado por Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García, aos seguintes espazos:
xoves 16 febreiro - Sala Zanzibar (Madrid)
venres 17 febreiro - Sala La Campana de los perdidos (Zaragoza)
sábado 18 febreiro - Café Teatro de las Artes (Santander)
xoves 1 marzo - Avalón Café (Zamora)
venres 2 marzo - Sala La oveja negra (Segovia)


E GPS en colaboración co INSTITUTO CERVANTES :
xoves 22 marzo - Sala Dom Omladine (Belgrado - Serbia)

web Girando Por Salas

17 nov 2011

NonSi? no Culturgal

Non Si? estaremos este ano no CULTURGAL, que se celebrará en Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro.
Teremos stand, no que poderedes atopar información sobre os nosos artistas!! ^_^
Malvela, Talabarte, A nena e o grilo, Fuxan os ventos e Guadi Galego estarán presentes no Culturgal!!

MALVELA no Culturgal

MALVELA participa este ano no CULTURGAL, a Feira das industrias culturais que se celebrará no Pazo da cultura de Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro.
Malvela terá stand propio, no que poderemos atopar o seu último traballo discográfico, camisetas, información sobre o grupo, as bonecas de papel. E por suposto, as componentes do grupo andarán por alí para poder conversar con elas. E seguro que se animan a levar algún doce feito por elas...
Ademáis, dentro da programación oficial do Culturgal, MALVELA fará unha actuación para presentar o seu novo traballo discográfico, RAIANAS, o venres 2 ás 21.30 no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra!

26 oct 2011

novo videoclip de Malvela

Xa podedes ver no noso canle de youtube o novo videoclip de Malvela "Trubisqueira", tema incluído dentro do último traballo discográfico que veñen de presentar, RAIANAS.
Tamén poderedes ver o "como se fixo" este disco.
Canle de youtube de NonSi

28 sept 2011

RAIANAS o novo álbum de MALVELA, o 25 de outubro á venda

Raianas é o título do novo disco de Malvela, o cuarto. Gravado en directo no Multiusos de Mos en maio de 2011, agora sae publicado polo selo Fol Música.
Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular.
En Raianas contan con vondidad@s de luxo: Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.
Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soarán temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo,  como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez será gravada en disco. O álbum centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

1 jul 2011

presentación de TALABARTE

Presentación de TALABARTE o mércores 6 de xullo ás 12.30 hr no Hotel Costa Vella(Rúa Porta da Pena, 17)

Talabarte falará do seu novo traballo e ofrecerán un pequeno concerto acústico

Un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.
Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).
Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferencia e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.

15 jun 2011

Ophiusa no Festival de Lorient

Os membros de Ophiusa respiran nas mesmas claves musicais, viven as melodías da tradición e os distintos sons que ao longo do tempo emocionaron e fixeron vibrar nos máis diversos lugares do mundo.
O seu último disco, Sen planeta, recibiu moitas e boas críticas da prensa especializada. E interpretando os temas deste disco, estarán do 5 ao 9 de agosto na carpa que Turgalicia terá instalada dentro do Festival Intercéltico de Lorient.